
Este xoves, 8 de nadal, ás 21,00 h., terá lugar a Xª Xuntanza Poética "MESA DAS VERBAS", orgaizada polo Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

O Alcalde do Concello de Vigo,
Abel Caballero Álvarez
ten a honra de invitala/o, a vostede e aos seus asociadas/os, a participar nos actos organizados co gallo da celebración do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico
l Venres 25 de novembro, as 18:00 horas, no auditorio do Centro Cívico de Teis. Entrada libre ata completar aforo (300 persoas): Proxección documental “Dous de vintetantos. Contra a indiferencia e o esquecemento”, dirixido e producido por Manu Mayo. Será presentado por Jeanne Picard, Delegada en Galicia da ONG STOP Accidentes.
l Domingo 27 de novembro, a partir das 10:00 horas, acto central do Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico
10:00 horas: marcha ciclista cun percorrido de 9 km., con saída dende Montero Ríos e chegada a Praza do Rei. Concentración no punto de saída a partir das 9:30 horas
11:00 horas: marcha motorista, con saída dende o Parque da Guía e chegada a Praza do Rei. Concentración no lugar de saída a partir das 10:30 horas
11:40 horas (Praza do Rei): Concentración en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico
Reciba un cordial saúdo
Vigo, novembro 2011
Achégase programa completo coas actividades paralelas que se celebrarán durante a semana do 21 ao 27 de novembro


1. O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXIV edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.
2. Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.
3. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame, non poderán estar presentados a ningún outro concurso.
4. Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite identificador, ó seguinte enderezo:
"XXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro- A Coruña
5. As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.
6. O prazo de presentación das obras remata o día 13 de novembro do ano 2011.
7.A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade dos libros presentados, o premio poderá ser declarado deserto.
8.O xurado será designado polo Concello de Dodro. Formarano o presidente e o secretario –este, con voz e sen voto-, ambos membros da Corporación Municipal, e catro especialistas vencellados á poesía e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.
9. O fallo será dado a coñecer nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do Concello de Dodro o día 10 de decembro de 2011. A entrega do premio realizarase o día 18 do mencionado mes. As obras non premiadas serán devoltas aos autores que as soliciten no prazo dun mes a contar do día do fallo.
10. A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición. A contía do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá gratuitamente 25 exemplares.
11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e a interpretación que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este nas suas funcións adopte.”

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo de 2011, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro do mesmo ano.
Pódense consultar as bases no enderezo http://www.minhor.org/premio-victoriano-taibo da web do IEM.
Victoriano Taibo foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, tivo unha importante actividade cultural e foi membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho. Publicou en vida os poemarios Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) e a obra narrativa Da agra aberta, contos e lêndas (1956); deixou inéditos dous volumes de poesía, Abicedo e Cabrinfollas, que foron publicados en 2008. Conta con abundante obra espallada en diversas publicacións tanto galegas como da emigración americana.No ano 2007 recibiu unha homenaxe en Morgadáns, lugar onde exerceu a súa docencia durante 20 anos, organizada polo IEM e a Entidade Local de Morgadáns, e con tal motivo reeditouse Da agra aberta e publicouse unha Revista monográfica sobre o personaxe.


Recital Poético
“Homenaxe a Serxio López- Corona Martínez”
O próximo día 25 de marzo, ás 6 do serán, terá lugar o Recital Poético en Homenaxe a Serxio López, ex compoñente do Grupo Brétema falecido recentemente.
Intervirán os compoñentes do Grupo Brétema, que contarán coa colaboración especial da Coral Polifónica do Centro Social Rivera Atienza, á que Serxio tamén pertenceu.
O acto celebrarase no Centro Cultural do Calvario, sede social do Grupo.
Recital Poético
“Homenaxe a Serxio López- Corona Martínez”
El próximo día 25 de marzo, a las 6 de la tarde, tendrá lugar el Recital Poético en Homenaje a Serxio López, ex componente del Grupo Brétema fallecido recientemente.
Intervendrán los componentes del Grupo Brétema, que contarán con la colaboración especial de la Coral Polifónica del Centro Rivera Atienza, a la que Serxio también perteneció.
El acto se celebrará en el Centro Cultural del Calvario, sede social del Grupo.
Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger