CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 15 de julio de 2009

PRESENTACIÓN DO LIBROCD "ONCE MÁIS 15"

Edicións do Cumio e a asociación MusicARTE presentarán ao público o libroCd Once máis 15 durante a Feira do Libro de Vigo. O acto terá lugar o venres 17 de xullo, ás 20:30 horas nas instalacións da feira na Alameda e durante o acto haberá unha breve intervención musical que a cargo dos cantautores Miguel Alonso, Fucoxabier, Roberto Sobrado e a banda Julian Ross. Por parte da editora estará Cándido Meixide, un dos produtores do proxecto. 


Esa mesma noite, ás 23 horas, haberá unha festa con concerto no Café Uf, situado no número 19 na rúa Pracer, na que se poderá escoitar a Fucoxabier, Miguel Alonso, Roberto Sobrado e Julian Ross en concerto acústico. A celebración contará tamén coa presencia dos poetas convidados Cruz Martínez, rosanegra e Alfonso Láuzara, como parte do colectivo poético vigués A porta verde do sétimo andar e das escritoras Ledicia Costas e María Lado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger