CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 9 de septiembre de 2009

ACCIÓN CONTRA A FAME

ACCIÓN CONTRA A FAME PRESENTA O DOCUMENTAL “854” NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO

* 854 eran os millóns de persoas que sufrían fame no mundo na data da rodaxe deste documental dirixido por David Muñoz e producido por Híbrida (www.hibrida.es/854).

* Na actualidade, as cifras incrementáronse até alcanzar un total de 1.020 millóns. Delas, case 20 millóns sofren desnutrición aguda severa e 5 millóns de nenos morren por falta de tratamento nutricional, o dobre que o número de vítimas anuais por SIDA.

Santiago de Compostela, 8 de Setembro de 2009

854, filmado en 2007 no quinto país máis pobres do mundo (Níxer), enmárcase en End Malnutrition, unha campaña coa que a Rede Internacional Acción contra a Fame trata de lograr que a loita contra a fame sexa a primeira das prioridades na axenda mundial.

Dentro desta campaña global presentarase o próximo día 10 de Setembro, ás 20:00 horas, no Centro Social de CaixaNova de Vigo a película documental “854”, onde se resumen as claves desta enfermidade e o seu tratamento, así como as posibilidades que todos nós temos para lles facer fronte. A proxección do documental na sala III do centro social terá como fondo a exposición “De Níxer a Nicaragua, dúas caras da fame” que permanecerá até o día 4 de outubro.

Os asistentes poderán coñecer ademais en que consiste a galardoada campaña “Pídeselo a Al Gore” http://www.pideseloaalgore.org e como poden adherirse a ela.

Dado o carácter puramente solidario e de sensibilización do evento gustaríanos contar co apoio dos medios de comunicación de VIgo para a difusión do mesmo, con obxecto de contar co máximo número de espectadores posible e transmitir a mensaxe compartida por todas as nosas campañas: “A Fame ten solución”.

Acción contra a Fame é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil á vez que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Intervimos en máis de 40 países apoiando a cinco millóns de persoas. A nosa visión é un mundo sen desnutrición; o noso primeiro obxectivo, devolverlles a dignidade aos que hoxe viven ameazados pola fame.

Convocatoria a medios

Documental “854” (duración 24 minutos)

Presentación: Isabel Iglesias, delegada en Galicia de Acción contra a Fame

Lugar: Sala de Exposicións III do Centro Social Caixanova , r/ Policarpo Sanz 24-26

Data e hora: 10 de Setembro ás 20 h.

Máis información, fotografías e entrevistas

Acción contra a Fame-Galicia

Isabel Iglesias-629 44 85 53 – 981 52 32 65, achgalicia@achesp.org

www.accioncontraelhambre.org



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger