jueves, 11 de junio de 2009


O narrador británico -afincado en Galicia- Tim Bowley impartirá un curso para adultos de contacontos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR os días 26 e 27 de xuño.

O curso está dirixido a docentes e profesionais relacionados co ensino, animadores de tempo libre, libreiros, bibliotecarios e persoas interesadas na narración oral

como estratexia para animar a ler e como medio de expresión dirixido ao público infantil.

E como cada venres, LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá a súa habitual sesión infantil de contacontos, a partir das 18:30 horas.

MÁIS INFORMACIÓN, LIBROS PARA SOÑAR: r/ Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger