CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

sábado, 11 de julio de 2009

XXIII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"



A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o

XXIII CERTAME DE POESÍA "FELICIANO ROLÁN"

con arreglo ás seguintes bases:


1.- Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.

2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema será libre, igualmente a forma.

3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.

4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada faranse constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais remitiranse ó seguinte enderezo:


Apdo. de Correos, 69 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)

5.- Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.

6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos gañadores.

7.- O Premio "Feliciano Rolán" de Poesía estará dotado con:

PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa

SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa

TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa

A Agrupación Cultural Guardesa concederá un accésit se o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2009.

Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético a celebrar na Guarda o mércores 5 de agosto ás 21.30 horas no "Centro Cultural e Social", coincidindo coas Festas do Monte Santa Trega. Non poden ser declarados desertos.


8.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 27 de xullo de 2009

9.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematando o fallo do Xurado.

10.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, podendo esta publicalos cando o considere conveniente.

11.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.


A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA

Este Premio está Patrocinado polo EXCMO CONCELLO DE A GUARDA.

Colabora: COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger