ACCIÓN CONTRA A FAME PRESENTA O DOCUMENTAL “
854 eran os millóns de persoas que sufrían fame no mundo na data da rodaxe deste documental dirixido por David Muñoz e producido por Híbrida (www.hibrida.es/854).
Na actualidade, as cifras incrementáronse até alcanzar un total de 1.020 millóns. Delas, case 20 millóns sofren desnutrición aguda severa e 5 millóns de nenos morren por falta de tratamento nutricional, o dobre que o número de vítimas anuais por SIDA.
Santiago de Compostela, 8 de Setembro de 2009
854, filmado en 2007 no quinto país máis pobres do mundo (Níxer), enmárcase en End Malnutrition, unha campaña coa que a Rede Internacional Acción contra a Fame trata de lograr que a loita contra a fame sexa a primeira das prioridades na axenda mundial.
Dentro desta campaña global presentarase o próximo día 10 de Setembro, ás 20:00 horas, no Centro Social de CaixaNova de Vigo a película documental “
Os asistentes poderán coñecer ademais en que consiste a galardoada campaña “Pídeselo a Al Gore” http://www.pideseloaalgore.org e como poden adherirse a ela.
Dado o carácter puramente solidario e de sensibilización do evento gustaríanos contar co apoio dos medios de comunicación de VIgo para a difusión do mesmo, con obxecto de contar co máximo número de espectadores posible e transmitir a mensaxe compartida por todas as nosas campañas: “A Fame ten solución”.
Acción contra a Fame é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil á vez que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Intervimos en máis de 40 países apoiando a cinco millóns de persoas. A nosa visión é un mundo sen desnutrición; o noso primeiro obxectivo, devolverlles a dignidade aos que hoxe viven ameazados pola fame.
Convocatoria a medios
Documental “
Presentación: Isabel Iglesias, delegada en Galicia de Acción contra a Fame
Lugar: Sala de Exposicións III do Centro Social Caixanova , r/ Policarpo Sanz 24-26
Data e hora: 10 de Setembro ás 20 h.
Máis información, fotografías e entrevistas
Acción contra a Fame-Galicia
Isabel Iglesias-629 44 85 53 – 981 52 32 65, achgalicia@achesp.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario