CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

sábado, 26 de diciembre de 2009

comunicacion@kalandraka.com | www.kalandraka.com
Composicións musicais: PABLO DÍAZ
Ilustracións: MARC TAEGER
Prólogo: SANTIAGO AUSERÓN
Epílogo: XURXO SOUTO
Colaboracións musicais: XABIER DÍAZ, GUADI GALEGO,
CARMEN REY, RUOTE...
Encadernado en cartoné. 16x16 cm.
Ilustracións en color. Fóra de colección
ISBN 978-84-8464-701-0
Prezo: 20 €
Tic-tac, tic-tac, o reloxo vai soar.
Tic-tac, tic-tac, témonos que levantar...
“Tic tac” é un libro-disco que combina música e
ilustración para público infantil a partir de tres anos
de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e
cantar, tanto en familia como na escola, como
complemento das clases de Educación Musical.
Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo
Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que,
dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade
da música, dende o xénero clásico ata o jazz,
pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos
latinos.
As 16 cantigas do disco abordan temas próximos
aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou
o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario
e fórmulas de expresión a través da música.
Compleméntase cunhas orixinais ilustracións feitas
coa técnica do linogravado, un método recuperado
por Marc Taeger co que afonda no caracter
tradicional da obra. Algunhas das musicais deste
traballo forman parte das actividades de animación
lingüística da campaña ‘Palabras no Ar’ que
KALANDRAKA realiza en concellos galegos.
PABLO DÍAZ (A Coruña, 1972)
Multiinstrumentista e cantante. Iniciou na nenez a
súa traxectoria artística, que se enfocou ao estudo e
o ensino do baile e da música tradiciona galega:
gaita, clarinete, percusión e canto. En 1991 creou un
grupo de investigación etnográfica co que percorreu
o rural galego recollendo pezas musicais e
tradicións. Actualmente forma parte dos grupos
Donaire, Ruote e Tátara Trío. Participou en 12
traballos discográficos como músico, cantante e
produtor musical, e ten colaborado con Susana
Seivane, Pablo Seoane e Milladoiro. Tamén é músico
do equipo de animación á lectura de KALANDRAKA.
MARC TAEGER (Berna, Suiza, 1963)
Estudou deseño gráfico en Trier (Alemaña). Tras
pasar por cidades como Milán, Nápoles,
Schriesheim, Lisboa e Barcelona, Marc Taeger
instalouse en Galicia. Traballa como deseñador para
medios de prensa e axencias de publicidade.
Animación, pintura, escultura e arte gráfica son
algúns dos eidos nos que desenvolve a súa obra,
que se expuxo en Luxemburgo, Alemaña, China,
España, Francia, Costa Rica e outros países. Polo
seu traballo de ilustración e deseño no libro titulado
“A verdadeira historia de Carapuchiña”, editado por
KALANDRAKA, recibiu o Premio Daniel Gil de Deseño
Editorial 2005. Tamén neste mesmo selo ilustrou o
álbum “Aquiles o puntiño” e “Garavanciño”.
TIC-TAC
■ Temática: libro-disco
■ Idade recomendada: a partir de 3 anos
■ Aspectos destacables: 16 cantigas sobre a natureza
e o contorno familiar dos nenos; variedade de estilos
musicais; educación musical; ilustracións feitas coa
técnica do linograbado.
■ Relación de pezas musicais: O reloxo de Alberte -
O libro - A choiva - Un vello - O traxe de metal - A cunca -
Imos contar un conto - O crocodilo - No mar - Son un
trasno - O reiseñor - Rock do porco celta - O moucho
chosco - Un dous tres - O jai jai - Arrolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger