CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 12 de mayo de 2010

DÍA DÁS LETRAS GALEGAS


Uxío Novoneyra, protagonista do Día dás Letras Galegas 2010


A RAG dedicará o próximo 17 de maio á figura do poeta de Parada do Caurel



O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día dás Letras Galegas de 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).

Novoneyra naceu o 19 de xaneiro de 1930 en Parada do Courel no seo dunha familia labradora. De estudante en Lugo, coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da anterior xeración, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro.

Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.

Con todo é, ao mesmo tempo, vangardista. Fillo de
labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e dedicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.


Dende o Grupo Poético Brétema vaia a nosa pequena contribución á figura e obra do poeta do Caurel.


Escolma de poemas de Uxío Novoneyra:



COUSOS do lobo!



Caborcos do xabarín!

Eidos solos

onde niguén foi nin ha d'ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco

movendo nas flairas dos teixos

ruxindo na folla dos carreiros

en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Rastrexa

párase e venta

finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo

con toda a sombra da noite na boca.


Uxio Novoneyra



OS EIDOS


Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
Onde ninguén foi nin ha de ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
Movendo nas flairas dos teixos
Ruxindo na folla dos carreiros
En busca da vagoada máis sola e máis medosa...
Rastrexa
Párase e venta
Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
Con toda a sombra da noite na boca.


Uxío Novoneyra



Porta Xorda 1966


PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!
Dente puño teso a premer valeiro!
Cando volva o vento


Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?

Rota a corda que tempera a forza do sino
Un pobo enteiro rébrese no tempo


Folga Xeral contra da Historia.

Compría agouxarse en calquer ichó
Mais seguín fora a xistra
Velando norde estrela longa brillo atuido.
Alguén chama. Alguén agarda
Corazón tente
Sostén a gran nembranza.


Uxío Novoneyra

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger