Carmen Darriba Amoedo
Membro activo do Grupo Brétema dende hai máis de dez anos, participou nas tres Antoloxías que o Grupo Brétema ten publicadas ata o momento: I ª Antoloxía, publicada en decembro do 2001, IIª Antoloxía, publicada en maio do 2005 e IIIª Antoloxía, publicada en novembro do 2008.
Poetisa que, dende nena, xa sentía ese impulso poético e máxico polas letras. Natural de Redondela, editou o seu primeiro libro en xuño do 2003:"Las flores del jardín de tu ausencia”. Pertenceu ao grupo de Teatro Municipal de Redondela " Os Viadutos" e á Coral Polifónica "Santiago Apóstol" de Redondela. Pertence á Asociación de escritores e artistas españois.
Carmen defínese como "unha persoa entusiasta e creativa". A súa poesía, intimista e vital, descóbrenos a unha persoa sinxela e loitadora.
Son tantos los deseos que tengo de ver a mi amiga María del Carmen, que no encuentro el momento de poder estar con ella. Le envío muchos abrazos.
ResponderEliminar