CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 8 de agosto de 2012

XXV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2012


BASES DO XXV PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN 2012

1. O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á
promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXV
edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.

2. Poderán concorrer a este certame as poetas e os poetas que o desexen, con cadanseu
libro escrito en lingua galega, segundo a normativa vixente.

3. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, cunha extensión
mínima de 500 versos e máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa
totalidade, condición que se estende ao soporte dixital. No momento do fallo do certame,
non poderán estar presentados a ningún outro concurso.

4. Os participantes deberán enviar 4 exemplares da obra, mecanografados, sen remite
identificador, ó seguinte enderezo:
"XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón"
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro- A Coruña

5. As obras concursantes deberán ostentar o título e un lema, que tamén figurará no
exterior dun sobre que conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu teléfono e
enderezo, así como un pequeno currículo literario, no caso de que teña obra publicada.

6. O prazo de presentación das obras remata o día 6 de novembro do ano 2012.

7.A dotación do Premio, único e indivisible, será de 2.300 euros. Se o xurado o considera
oportuno, pola baixa calidade dos libros presentados, o premio poderá ser declarado
deserto.

8.O xurado será designado polo Concello de Dodro. Formarano o presidente e o secretario
–este, con voz e sen voto-, ambos membros da Corporación Municipal, e catro
especialistas vencellados á poesía e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase
pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.

9. O fallo será dado a coñecer nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do
Concello de Dodro o día 1 de decembro de 2012. A entrega do premio realizarase o
día 16 do mencionado mes. As obras non premiadas serán devoltas aos autores
que as soliciten no prazo dun mes a contar do día do fallo.

10.A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía "Eusebio Lorenzo
Baleirón" da Editorial Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición. A contía
do premio será considerada como un adianto dos dereitos de autoría. O autor ou
autora recibirá gratuitamente 25 exemplares.


11.A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases e a interpretación
que delas faga o xurado, non admitíndose recurso contra a decisión que este nas
suas funcións adopte.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger