CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

viernes, 26 de marzo de 2010

"Ovelliña dáme la", esta tarde en LIBROS PARA SOÑAR


UN CONTO ABRIGOSO PARA IR DESPEDINDO O MES DE MARZO


LIBROS PARA SOÑAR conclúe hoxe o ciclo de actividades infantís sobre autores e ilustradores portugueses. “Ovelliña dáme la”, de Isabel Martins e Yara Kono, será un dos relatos protagonistas do repertorio desta tarde, a partir das 18:30 horas. Este conto editado por KALANDRAKA, obtivo unha mención de honra no Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Trátase dun conxunto de versos dialogados e áxiles que, mediante unha estrutura repetitiva, van enumerando as prendas que se poden facer con la de ovella: xerseis, gorros, bufandas, abrigos, medias... Un libro vistoso e colorido co que os primeiros lectores se poden familiarizar coa roupa, as partes do corpo, as materias primas e mesmo os rigores do tempo.

A sesión de contos rematará cun obradoiro de figuras recurtables que os nenos e nenas poderán vestir, debuxando, coloreando e recurtando os seus propios deseños. E con motivo da celebración da Festa da Reconquista en Vigo, LIBROS PARA SOÑAR abre as súas portas este fin de semana, tanto sábado como domingo.


LIBROS PARA SOÑAR: r/ Triunfo 1, Vigo | 986 433 768 | lps@kalandraka.com

http://www.kalandraka.com/blog/2010/03/26/abrigate-do-mal-tempo-en-libros-para-sonar/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger