CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 10 de marzo de 2010

LIBROS PARA SOÑAR RECIBE ESTE VENRES Á NARRADORA BRASILEIRA CLARA HADDAD


LIBROS PARA SOÑAR RECIBE ESTE VENRES Á NARRADORA BRASILEIRA CLARA HADDAD

A narradora brasileira Clara Haddad, afincada en Portugal,
é a invitada especial da sesión infantil de contos que se
celebrará este venres día 12 en LIBROS PARA SOÑAR a
partir das 18:30 horas. No marco das actividades de
animación á lectura adicadas aos autores, ilustradores e
álbums procedentes do país veciño, Clara Haddad vai
centrar a súa actuación en obras de orixe brasileira,
portuguesa e galega.
Con este repertorio arredor do ámbito da lusofonía, a
sesión completarase coa participación do equipo de
contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, que narrará “P de
papá”, un libro de Isabel Martins e Bernardo Carvalho,
editado por KALANDRAKA en homenaxe a todos os pais,
que celebran o seu día o próximo 19 de marzo.
Clara Haddad naceu en Sao Paulo, é actriz profesional e
contadora de historias. Presentou os seus espectáculos en
varios países, como Bélxica, Perú ou Venezuela, ademais
de Brasil, Portugal e España. O seu repertorio contén
contos da tradición árabe, brasileira, portuguesa e
africana. Tamén imparte cursos e obradoiros sobre
narración, danza e teatro. Forma parte da Rede
Internacional de Contacontos.
A seguinte sesión de contos deste mes de marzo será o
venres 26, na que a obra protagonista será “Ovelliña dáme
la”, de Isabel Martins e Yara Kono. Editado por
KALANDRAKA, este álbum foi distinguido cunha mención
de honra do Premio Internacional Compostela.

LIBROS PARA SOÑAR | r/ Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger