CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

miércoles, 11 de agosto de 2010

Presentación da novela gráfica "O burato do Inferno"



FAKTORÍA K presenta a novela gráfica para adultos titulada “O BURATO DO INFERNO”, dos vigueses XOSÉ MANUEL TRIGO e RAMÓN TRIGO: unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites de luar, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo.

“O burato do inferno” preséntase mañá, mércores 11 de agosto, ás 18:30 horas, na carpa da Rúa da BD, no marco do Salón Viñetas desde o Atlántico, na Coruña. A partir das 19:00 horas, os autores asinarán exemplares na caseta número 35 de KALANDRAKA e FAKTORÍA K.

Ao día seguinte, xoves 12 de agosto, Xosé Manuel e Ramón Trigo presentarán “O burato do inferno” no Museo do Mar do concello da Guarda (Atalaia do Paseo Marítimo). No acto, dende as 20:30 horas, participará tamén o escritor Marcos Calveiro.

----------------------------------------------------------

MÁIS INFORMACIÓN:

FAKTORÍA K DE LIBROS – KALANDRAKA: Tlf. 667 401 563 | comunicacion@faktoriakdelibros.com

BLOG K: http://www.kalandraka.com/blog/2010/08/10/presentacion-de-o-burato-do-inferno-la-cueva-del-infierno/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger