CONSUELO Mª CONDE FEIJOO

CONSUELO Mª CONDE FEIJOO


ELISABETH

ELISABETH
POEMAS DE VIERNES ATARDECIENDO

jueves, 30 de septiembre de 2010

XIV Premio de Poesía Johan Carballeira


CONCELLO DE BUEU XIV PREMIO DE POESÍA JOHÁN CARBALLEIRA

B A S E S
1. Poderán concorrer a el tódalas autoras e
autores que presenten os seus orixinais escritos
en lingua galega. Os textos, cuxa extensión
deberá superar os 400 versos, terán que ser
inéditos e non estar premiados en anteriores
convocatorias do premio nin en ningún outro
concurso de poesía (de suceder isto con posterioridade
á presentación dos traballos, o/a
autor/a deberá comunicarllo inmediatamente á
organización).

2. Presentaranse 3 copias en tamaño folio,
mecanografadas a dobre espazo, numeradas e
grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir
identificadas cun lema. Xunto coas copias achegarase
un sobre pechado, identificado co mesmo
lema, que conterá os seguintes datos: nome e
apelidos do/a autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo,
número de teléfono e correo electrónico.

3. As obras presentaranse en sobre pechado,
coa indicación “XIV PREMIO DE POESÍA
JOHÁN CARBALLEIRA” e sen remite, no
seguinte enderezo: CONCELLO DE BUEU, rúa
Eduardo Vincenti, nº 8, 36930 Bueu
(Pontevedra).

4. O prazo de presentación dos orixinais remata
o 15 outubro de 2010.

5. O xurado estará composto por tres persoas
vinculadas á literatura galega e máis un/ha
secretario/a.

6. O premio terá unha dotación única de 1.500 €,
contía á que se lle aplicarán as retencións fiscais
oportunas. Inclúe ademais a publicación da
obra gañadora por parte do Concello de Bueu.
En todo caso, o premio, que é único e indivisible,
poderá declararse deserto.

7. A resolución do premio terá lugar a finais do
mes de decembro. A decisión do xurado,
ademais de comunicarse ó gañador ou gañadora
da convocatoria, anunciarase a través dos
medios de comunicación no transcurso da
semana anterior á entrega do premio.

8. As obras devolveranse por correo postal ás
autoras e autores que o soliciten no prazo de
dous meses contados dende o día seguinte ao
da resolución do xurado. Os traballos non reclamados
en prazo serán destruídos.

9. O Concello de Bueu resérvase durante un ano
os dereitos de publicación da obra premiada, en
tódalas linguas do Estado. Nese sentido, o/a
autor/a renuncia a favor do Concello, na 1ª
edición, a calquera tipo de remuneración polos
seus dereitos de autor/a. De existiren posteriores
edicións deberase facer constar que a obra
recibiu o “XIV Premio de Poesía Johán Carballeira”.

10. A participación nesta convocatoria implica a
aceptación das normas contidas nas presentes
bases, así como a decisión do xurado, que será
inapelable.

Máis información:
SERVIZO DE CULTURA
DO CONCELLO DE BUEU
986 324 338
cultura@concellodebueu.org
www.concellodebueu.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novas - Grupo Brétema - Gracias al Programador .Dito | y a la tecnología de Blogger