CONSUELO Mª CONDE FEIJOO
ELISABETH
viernes, 8 de octubre de 2010
XXIII PREMIO DE POESÍA EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
BASES
1. O Concello de Dodro, para honrar a memoria do seu
ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía
galega, manifestación sobranceira da nosa literatura,
convoca a XXIII edición do PREMIO EUSEBIO
LORENZO BALEIRÓN.
2. Poderán concorrer a este certame as poetas e os
poetas que o desexen, con cadanseu libro escrito en
lingua galega, segundo a normativa vixente.
3. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e
forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos e
máxima de 800. Deberán ser orixinais e estar inéditos
na súa totalidade, condición que se estende ao
soporte dixital. No momento do fallo do certame, non
poderán estar presentados a ningún outro concurso.
4. Os participantes deberán enviar 4 exemplares da
obra, mecanografados, sen remite identificador, ao
seguinte enderezo:
"XXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón"
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro - A Coruña
5. As obras concursantes deberán ostentar o título e un
lema, que tamén figurará no exterior dun sobre que
conteña a fotocopia do DNI do autor ou autora, o seu
teléfono e enderezo, así como un pequeno currículo
literario, no caso de que teña obra publicada.
6. O prazo de presentación das obras remata o día 13 de
novembro do ano 2.010.
7. A dotación do Premio, único e indivisible, será de
2.300 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola
baixa calidade dos libros presentados, o premio
poderá ser declarado deserto.
8. O xurado será designado polo Concello de Dodro.
Formarano o presidente e o secretario –este, con voz
e sen voto-, ambos membros da Corporación
Municipal, e catro especialistas vencellados á poesía
e/ou á crítica literaria. A composición do xurado farase
pública cando remate o prazo de admisión de orixinais.
9. O fallo será dado a coñecer nun acto que se celebrará
na Casa da Cultura do Concello de Dodro o día 11 de
decembro. A entrega do premio realizarase o día 19
do mencionado mes. As obras non premiadas serán
devoltas aos autores que as soliciten no prazo dun
mes a contar do día do fallo.
10. A obra galardoada publicarase dentro da Colección
de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" da Editorial
Sotelo Blanco, que se reserva os dereitos de edición.
A contía do premio será considerada como un adianto
dos dereitos de autoría. O autor ou autora recibirá
gratuitamente 25 exemplares.
11. A participación nesta convocatoria implica a
aceptación das bases e a interpretación que delas
faga o xurado, non admitíndose recurso contra a
decisión que este nas suas funcións adopte.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario