CONSUELO Mª CONDE FEIJOO
ELISABETH
jueves, 4 de marzo de 2010
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
ELAS
Texto e ilustracións: CECILIA AFONSO ESTEVES
Tradución: MANUELA RODRÍGUEZ
Encadernado en cartoné. 14,5x18 cm.
36 páxinas a toda cor. Dispoñible en:
-Galego: “Elas”. ISBN 978-84-8464-728-7
-Castelán: “Las que llevan”. ISBN 978-84-92608-24-9
MENCIÓN ESPECIAL II PREMIO INTERNACIONAL
COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO
Isto é o que se conta delas.
Elas viven no fondo.
No fondo do bosque,
da montaña,
do deserto,
do río.
Este libro é un “canto ao feminino”, tal e como o
definiu o xurado do II Premio Internacional
Compostela de Álbum Ilustrado, que o distinguiu
cunha mención especial. Trátase dun texto poético e
cheo de musicalidade, que se complementa cunha
linguaxe plástica limpa, clara e suxerente, de
ilustracións sereas e delicadas, con cores suaves;
imaxes de gran valor simbólico.
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do
noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione
como unha cadea sen interrupción, por iso o seu
obxectivo é xerar vida... “Elas” é unha proposta
delicada, en forma de poema, que nos remite aos
esenciais Catro Elementos e á presencia constante e
telúrica delas, as mulleres.
CECILIA AFONSO (Bos Aires, 1977)
Estudou gravado na Escola Nacional de Belas Artes
Prilidiano Pueyrredón. Pertence ao colectivo
arxentino Foro de Ilustradores. Tamén participou en
varias exposicións e en 2008 foi seleccionada para a
mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e
Xuvenil de Boloña. Actualmente traballa como
ilustradora para unha revista de xardinería e
paisaxismo.
http://arteilustracion.blogspot.com/
■ Temática: canto ao feminino
■ Idade recomendada: a partir de 8 anos; adultos
■ Aspectos destacables: mención especial do xurado
do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
■ Aplicacións: poesía, filosofía; os catro elementos da
antigüidade; libro de obsequio: Día da Muller Traballadora
(8 de marzo), Día da Nai (primeiro domingo de maio);
igualdade de xénero, co-educación
comunicacion@kalandraka.com | www.kalandraka.com

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario