Na sesión de mañá presentarase “O tempo voa”, de João Pedro Messeder e Gémeo Luis
Os autores e ilustradores portugueses van ser os
protagonistas das actividades de animación á
lectura que ao longo deste mes de marzo se van
realizar en LIBROS PARA SOÑAR. Mañá, venres
día 5, a partir das 18:30 horas, a obra titulada
“O tempo voa”, de João Pedro Messeder e Gémeo
Luis, centrará o repertorio da sesión infantil de
contos, que se vai completar con “Se eu fose moi
alto” (Premio Gulbenkian de Lliteratura Infantil
2004) e “Se eu fose moi delgado”, de António Mota
e André Letria.
“O tempo voa”, distinguido cunha mención especial
no Premio Internacional Compostela de Álbum
Ilustrado e editado por KALANDRAKA, é un texto
rimado sobre as présas que marcan o ritmo de vida
das persoas. Dun xeito divertido e inxenioso, este
libro invita facer a pregunta contraria sobre o que
marcan as agullas do reloxo: Que hora non é? As
ilustracións son siluetas de moito rebiricoque nas
que os minutos e os segundos se camuflan nos
obxectos máis insospeitados: avións, básculas ou
candados.
A sesión rematará cun obradoiro de debuxo a partir
dos personaxes creados por André Letría para “Se
eu fose...”.
Da outra beira do Miño é tamén a narradora que
visitará LIBROS PARA SOÑAR o próximo 12 de
marzo. Clara Haddad vai contar “P de papá” e
outros relatos que chegaron a Galicia dende
Portugal.
LIBROS PARA SOÑAR | r/ Triunfo, 1. Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario